Os xulgados de Pontevedra comunícanse online co hospital para a valoración de incapacidades

O Decanato propón implementar tamén este sistema de videoconferencia para as exploracións nos centros de maiores.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/05/2020 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

Os xulgados de Pontevedra, co visto e prace da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), comezaron a implantar un sistema de comunicación co hospital a través do programa Cisco, como canle segura a través da que poden participar, sen desprazarse ao Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), os intervintes na práctica das dilixencias esenciais de recoñecemento de posibles persoas incapaces.

O Xulgado de Primeira Instancia número 5, que é o que ten competencia exclusiva na práctica da ratificación xudicial dos internamentos non voluntarios no CHOP, declarada como dilixencia esencial durante o estado de alarma, xa comezou a realizar con éxito de forma telemática as exploracións dos internos no servizo de psiquiatría.

A xuíza decana de Pontevedra, María Belén Rubido da Torre, acordou, para facilitar estas comunicacións telemáticas, a creación dunha sala virtual con contrasinal, onde a maxistrada de Familia preside a reunión. Nela participan, a través dunha conexión en remoto, a médica forense, a letrada da Administración de Xustiza e o facultativo do servizo de psiquiatría do CHOP, que accede desde un computador facilitado pola Dirección Asistencial do hospital.

Co obxectivo de favorecer a práctica destas dilixencias e, desta forma, reducir os riscos que supón a entrada física da comisión xudicial nun centro hospitalario ou nunha residencia de anciáns, o Decanato propón implementar tamén este sistema de videoconferencia para as exploracións nos centros de maiores.

Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo
Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta