Informan dun positivo de coronavirus nun xulgado de Ourense e esixen PCR a todos os empregados

Alternativas na Xustiza sitúa o caso no Xulgado do Social número 1.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 29/05/2020 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

Alternativas na Xustiza informou dun caso positivo por coronavirus no xulgado do Social número 1 de Ourense, polo que reclama probas PCR para todos os traballadores.

Mostra para facer un test de coronavirus
Mostra para facer un test de coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Alerta de que "unha das persoas que traballou estes días no xulgado está casada cun funcionario (instancia número 1 de Ourense) "que estivo tamén traballando".

Mentres tanto, demanda que se poña en corentena a todos os empregados de ambos os xulgados mentres non se coñeza os resultados das probas aos traballadores.

Así mesmo, o sindicato reclama unha nova desinfección do xulgado do social e do de primeira instancia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta