GC Aberto

O peor mal de hoxe: a televisión

Por admin | Santiago de Compostela | 01/06/2020

Comparte esta noticia

Tras a súa cara amable, de proxector de imaxes bonitas, ás veces suaves, outras duras, segundo conveniencia dos poderes escuros que andan detrás e que non dan a cara, atópase o aparello que hoxe en día co Coronavirus se puxo incriblemente máis barato, accesible a todos.

Consumo de televisión
Consumo de televisión | Fonte: Pixabay.

Non está a ser así con outras cousas como a alimentación que seguen os prezos en subida. Cando estamos relaxados e medio durmidos é cando desde esta pantalla nos entran todo tipo de opinións, publicidade, bondades dun sistema, imaxes, onde se nos crea un mundo virtual imaxinario que pouco ou nada ten que ver coa nosa realidade cotiá. Esta pantalla só busca un propósito: controlar.

O peor mal de hoxe, quizais, non sexa a Covid 19, senón a Televisión.

A maioría pasa 10 anos da súa vida vendo televisión. 10 anos tirados ao lixo. A televisión fallou no seu labor principal e honesto e agora serve para confundir e distorsionar a verdade. Aparentemente a tv quéreche dar unha comprensión rápida e global do mundo a través da imaxe e aí radica o seu "éxito" en manipular. 

Parece que vas perder a última "noticia" importante para poder andar no mundo. A tv mándanos información plana e sen profundidade. A mente humana está preparada para dubidar do que ouve pero non do que ve. Igualmente poderiamos dicir da tecnoloxía móbil.

Jesús Antonio Fernández Olmedo, escritor e activista malagueño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta