O Sergas fará test a mariñeiros de buques de pesca embarcados máis de dez días

O sector mostrou "o seu interese por articular os intercambios de información e traslado" de posibles casos de coronavirus entre os seus tripulantes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2020 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fará test serolóxicos para detectar o coronavirus a todos os tripulantes de buques de pesca que fagan mareas de máis de 10 días de duración e que non poidan acceder a asistencia médica a menos de dúas horas de onde se atopen no mar.

Segundo informa a Xunta, estas probas que xa avanzaba este sábado o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, estarán a disposición dos mariñeiros das frotas de altura e de gran altura.

Así, en función do resultado da proba e da presenza ou non de sintomatoloxía de COVID-19, o persoal médico do Instituto Social da Mariña (ISM) --que será o que faga o test facilitado polo Sergas--, poderá decidir que o tripulante complete o proceso de acordo co protocolo clínico de detección de casos. E farao nos hospitais de Vigo, Santiago, A Coruña e Burela nun prazo de 48 horas.

A Xunta explica que o sector pesqueiro lle transmitiu "a inquietude de tripulacións e armadores pola necesidade de proporcionar a debida seguridade e certeza" para que os seus traballos se realicen "coas debidas garantías sanitarias".

Ademais, o sector mostrou "o seu interese por articular os intercambios de información e traslado" de posibles casos de coronavirus entre os seus tripulantes, así como a implementación de medidas específicas que eviten demoras, inactividade ou bloqueo no desenvolvemento do seu traballo.

Frota, barcos, amarrada, amarrados, temporal, porto, buques, mariñeiros, pescadores, pesca. EUROPA PRESS - Arquivo
Frota, barcos, amarrada, amarrados, temporal, porto, buques, mariñeiros, pescadores, pesca. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta