O presidente da Xunta desminte as críticas dos sanitarios e di que teñen todo tipo de materiais de protección

“É a nosa obriga ter todo tipo de utensilios sanitarios”, asegura.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/05/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O sindicato Progasap denunciou estes días o desabastecemento de luvas no Sergas, nun "novo episodio en relación coa falta de medios adecuados e a desprotección da saúde" dos profesionais sanitarios fronte ao coronavirus.

Nun comunicado, lamentou que agora toca "a quenda" das luvas tras outros "despropósitos" como máscaras "defectuosas" e a subministración de equipos de protección "non adecuados".

Con todo, e a pesar destas críticas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, suliñou este domingo que todos os profesionais do Sergas contan con todo tipo de materiais de protección porque “é a nosa obriga ter todo tipo de utensilios que precisan sanitarios”. Recoñeceu dificultades ao principio da pandemia para ter EPIs, pero non agora, a pesar destas críticas.

“Penso que desde hai moitas semanas esa roupa xa a teñen todos os sanitarios con normalidade, e tamén nas residencias e, mesmo repartimos material entre as empresas para os traballadores, cando eles non os tiñan”, dixo.

Sanitarios
Sanitarios | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta