Por Europa Press / Redacción | Compostela | 01/06/2020 | Actualizada ás 13:02
Galicia rexistrou a venda de 1.222 turismos e todoterreos en maio, o que supón un afundimento do 62,6% respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos publicados polas asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).
Con todo, esta caída está 10 puntos por baixo do retroceso medio do 72,7% en España. A pesar da apertura gradual e progresiva dos concesionarios de automóbiles e das fábricas como parte das medidas de desescalada implementadas polo Goberno, o mercado automobilístico español aínda afronta unha forte caída das entregas en maio provocada pola pandemia do coronavirus.
Entre xaneiro e maio matriculáronse 8.054 automóbiles en Galicia, o que supón a metade que no mesmo período de 2019. Neste caso prodúcese un esborralle similar ao estatal. Nos cinco primeiros meses do ano actual, o volume de turismos e todoterreos vendidos xa se sitúa na metade na comparativa coas cifras dos devanditos meses do exercicio anterior (-54,2%), cun total de 257.202 unidades.
SEGUNDA PEOR CAÍDA DA HISTORIA
Anfac, Faconauto e Ganvam explicaron que os resultados comerciais de maio arroxaron a "segunda peor cifra de matriculacións da serie histórica", só por detrás da obtida o pasado mes de abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.