O que queda: a "vulnerabilidade anímica" dos maiores que pasaron sós o confinamento

Amigos de Galicia pon o foco na situación en que deixou a corentena a moitas persoas de avanzada idade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2020 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A Fundación Amigos de Galicia fixo fincapé este luns na "vulnerabilidade anímica" das persoas maiores que pasaron esta etapa de confinamento en soidade, que "viron as súas rutinas paralizadas" e que "estiveron afastadas das súas familias e persoas de referencia" por mor da crise do coronavirus.

"Somos conscientes de que este illamento social ao que estiveron expostas estas persoas, independentemente do seu nivel económico, foi especialmente duro e afectou á súa saúde física, con importantes perdas de peso ocasionadas pola tensión e a ansiedade, e á súa saúde emocional", apunta a fundación.

Nun comunicado, subliñaron que "a principal vía de entretemento de moitas destas persoas maiores confinadas en soidade", sobre todo das que "non teñen dominio das novas tecnoloxías", foi ver a televisión, "infestada de malas noticias" en relación coa COVID-19.

A soidade, o illamento social e familiar e "a exposición a noticias deprimentes" fixeron "madeixa na saúde emocional nestas persoas", moitas das cales aínda seguen sen poder ver os seus achegados polas restricións de mobilidade.

En relación a esta cuestión, a entidade falou do sucedido a María Dolores Couceiro, integrante do padroado reitor de Fundación Amigos de Galicia, que aos seus 85 anos vive soa en Bastiagueiro, xa que o seu fillo reside en Madrid. Dolores sufriu este fin de semana un ICTUS e foi atopada na súa casa pola persoa que a coidaba, que se desprazou ao seu domicilio alertada por un membro de Fundación Amigos de Galicia que estivera chamándoa sen obter resposta.

Unha persoa maior mira pola ventá
Unha persoa maior mira pola ventá | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta