Galicia en Común reclama á Xunta que rectifique e reabra os centros de día

"O que ten que facer o Goberno galego é asumir as súas competencias en materia de política social e reabrir estes espazos aplicando un protocolo para garantir a saúde das persoas usuarias", sinalou Gómez-Reino.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2020 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

A coalición Galicia En Común-Anova Mareas reclamou á Xunta que rectifique e proceda á reapertura dos centros de día con protocolos de seguridade como realizaron ou prevén levar a cabo comunidades como Euskadi, Comunidade Valenciana ou Cataluña.

Este luns, a cabeza de lista da coalición, Antón Gómez-Reino, e a candidata Eva Solla mantiveron un encontro telemático coa Plataforma de Centros de Día de Galicia, que critica a decisión do Goberno autonómico de manter pechados estes centros ata setembro.

"O que ten que facer o Goberno galego é asumir as súas competencias en materia de política social e reabrir estes espazos aplicando un protocolo para garantir a saúde das persoas usuarias", sinalou Gómez-Reino, segundo recolle un comunicado.

Así, lembran que existen 14.000 usuarios destes centros, considerados pola plataforma como "un servizo fundamental para a calidade de vida" dos maiores que, ademais, crea emprego e ofrece servizos "que non se poden substituír por atención domiciliaria".

O colectivo asegura que propuxeron un protocolo "moi estrito" para extremar as medidas de seguridade nos centros e garantir que non se produza contagios, polo que instan á Consellería de Política Social a reconsiderar a súa decisión, que repercute na saúde dos maiores e "sobrecarga" ás familias.

12J.- En Común promete un 'plan de estabilización' na enfermaría pública que cubra 'especialidades deficitarias'. EN COMÚN
12J.- En Común promete un 'plan de estabilización' na enfermaría pública que cubra 'especialidades deficitarias'. EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O Rexistro Civil en Vigo "atende" na rúa e dá cita para 8 días despóis disque logo de cada consulta teñen que pasar a mopa para desinfecar (?) O SEGAS inventa a teleconferencia para consultar aos pacientes (?) Feijoo "regalando" Bonos Coidado por mor do peche das Garderías (?) e logo falan da reactivación do turismo (?) Aquí estase aproveitando a pandemia para DESMONTAR os servizos básicos !!!