A Xunta reclama "todo o apoio" do Goberno central para Alcoa

"Parece claro que o Partido Socialista non quere dar unha solución a este problema", afirma o conselleiro de Economía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2020 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde, afirmou que "a día de hoxe o Goberno segue sen dar unha solución a unha industria", a do aluminio, que "necesita todo o apoio do Goberno e dunha boa política industrial".

Segundo manifestou Conde, "parece claro que o Partido Socialista non quere dar unha solución a este problema", algo que desde o Executivo galego lamenta. "Estamos a trasladar propostas concretas de como se pode atopar unha solución", afirmou Conde, sobre todo desde "o punto de vista do prezo eléctrico", abundou.

Na xornada do pasado luns a Xunta trasladou ao Goberno central "que España se poida acoller ao fondo Europeo" que vai permitir a recuperación de sectores estratéxicos e esenciais a nivel europeo. "Entendemos que o aluminio debería de formar parte dun marco específico", manifestou o conselleiro.

O conselleiro de Industria comentou que "entenden que hai unha base clara para apoiar a Alcoa" e para que o prezo eléctrico "sexa competitivo". Conde afirmou que "non" piden "nada que non estean a facer outros gobernos", como é o caso de Alemaña ou Francia.

Por iso, Francisco Conde afirmou que "hai base para que a industria do aluminio e as electrointensivas" poidan estar dentro do marco de apoio para os sectores esenciais.

"FRONTE COMÚN"

Ademais, o conselleiro aclarou que "a Xunta vai seguir facendo unha fronte común cos traballadores". "Seguiremos apoiando as demandas dos empregados", afirmou e engadiu que "son xustas e con sentido económico e industrial" para España e Galicia.

A responsable da área de Industria recalcou que seguirán "na loita" porque "as razóns e os argumentos están ao lado dos traballadores" e a Xunta non van deixar " de defender esa posición", concluíu.

Os traballadores da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao continúan este martes con protestas e demandas ao Goberno central, para que este busque unha solución a un conflito que, de non solucionarse, deixaría na rúa a 534 traballadores da factoría.

Participantes protexidos con máscara suxeitan unha pancarta durante a manifestación do comité de empresa de Alcoa. Carlos Castro - Europa Press
Participantes protexidos con máscara suxeitan unha pancarta durante a manifestación do comité de empresa de Alcoa. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta