PPdeG: "Os empregos que non destruíu a COVID-19 pódeos destruír o Executivo de Pedro Sánchez"

O secretario xeral dos 'populares' galegos avisa de que a "mellora" do emprego en Galicia pode verse comprometida polas "incertezas" do Executivo central.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor que Galicia "fose capaz de conter" a caída do desemprego no mes de maio pero avisou de que a mellora experimentada aquí pode "verse comprometida" polas "incertezas" do Goberno.

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado
O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado | Fonte: PPdeG.

Así se pronunciou despois de coñecerse que o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego en Galicia baixou en 547 persoas (-0,29%) en abril respecto de abril ata os 191.082 parados, o que contrasta coa suba de 26.573 desempregados en España (+0,69%).

Respecto diso, Tellado sostivo que é o momento de que Galicia inicie a recuperación do mercado laboral e avogou por comezar a recuperar "o tempo perdido" e volver á tendencia positiva que se rexistraba antes dos efectos da COVID-19 na creación de emprego.

"Os empregos que non destruíu a COVID-19 pódeos destruír o Executivo de Pedro Sánchez, se continúa sen actuar ante o inminente peche de Alcoa", argumentou Tellado, que considerou que Galicia "non pode ter no Goberno de España un inimigo declarado á creación de emprego".

O número dous dos populares galegos pediulle ao Executivo central que, se non é capaz de crear postos de traballo, que non comprometa os que xa existen: "Confiamos que os logros alcanzados grazas á estabilidade laboral e económica de Galicia non se vexan comprometidos polos despropósitos do Goberno de Pedro Sánchez".

UNIDADE, CONSENSO E DIÁLOGO SOCIAL

Deste xeito, Tellado recalcou a necesidade de activar medidas con base na unidade, o consenso e o diálogo social, "deixando ao carón os debates estériles que só provocan confusión e inestabilidade".

Neste sentido, afeou a intención do Goberno central e de Bildu de derrogar a reforma laboral "sen ter en conta a opinión da patronal e os sindicatos".

Tellado remarcou que este punto de inflexión na tendencia negativa no ámbito do emprego, iniciada a medidos de marzo polos efectos da COVID-19, é posible grazas á estabilidade económica e laboral que vive Galicia co Goberno de Feijóo na última década.

"O noso compromiso para os próximos anos é seguir creando emprego de calidade", apuntou Tellado, que se referiu ás medidas recentemente aprobadas no Consello "encamiñadas a alcanzar, precisamente, este obxectivo como os 16 millóns de euros para reactivar a actividade de 27.000 autónomos e pemes do comercio, o turismo, os servizos ou o transporte.

Por último, destacou o cambio de tendencia de Galicia no ámbito laboral e o mellor rexistro que rexistra a Comunidade galega con respecto a España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta