Tres denuncias por posibles casos de tortura en comisarías galegas desde 2009

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

As comisarías galegas rexistraron un total de tres denuncias por posibles casos de tortura en dependencias da Policía Nacional desde principios do ano 2009. Así o reflicten os datos facilitados polo Goberno tras unha pregunta formulada na Cámara Alta polo senador de Compromís Carles Mulet.

Comisaría da Policía Nacional na Coruña
Comisaría da Policía Nacional na Coruña | Fonte: CRTVG.

A primeira delas foi en 2010 na comisaría de Distrito da Coruña-Norte. Tres anos máis tarde produciuse outra na comisaría local de Ferrol e un ano despois na Xefatura de Santiago.

O Goberno especifica que na resposta a Compromís se enumeran os 115 expedientes gravados pola Dirección Xeral da Policía en aplicación do Plan Nacional de Dereitos Humanos "con independencia do lugar, unidade ou administración onde se presentase a denuncia, e sen que tal rexistro presupoña a realidade dos feitos nin a responsabilidade dos axentes denunciados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta