Temas: TURISMO CRISE

Axencias de viaxes de Galicia secundarán protestas este mércores para reclamar apoio ás administracións

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Axencias de viaxes secundarán este mércores protestas en distintas cidades galegas para reclamar o apoio das administracións ante os efectos da crise sanitaria derivada da COVID-19, segundo informan.

Axencia de viaxes
Axencia de viaxes

Trátase dunha convocatoria a nivel estatal por parte da Plataforma polos Dereitos das Axencias de Viaxes (PDAV), que organiza a protesta en todas as capitais de provincia con concentracións ante as Delegacións do Goberno, como o caso da Coruña, e ante as Subdelegacións, como en Pontevedra, Lugo e Ourense, a partir das 12,00 horas.

O seu obxectivo é "reclamar un plan por parte do Goberno para evitar a ruína de miles de familias e pola defensa de máis de 65.000 postos de traballo", sinalan nun comunicado.

A Asociación, xurdida durante o confinamento e que aglutina a máis de 400 socios, reclama "ser escoitada por parte das administracións públicas" para que se "ouzan" as reivindicacións "de máis de 9.500 pequenas axencias e autónomos".

E é que, segundo afirman, a situación actual na que se atopan lles avocaría "ao peche, ao despedimento masivo de axentes, a inmensas perdas económicas e a un ameazante cúmulo de denuncias entre clientes, axentes e almacenistas".

Temas: TURISMO CRISE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta