O falecemento dunha muller de 76 anos eleva a 617 as vítimas mortais por coronavirus en Galicia

Os hospitais non comunicaran mortes nin o domingo nin o luns.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O falecemento dunha muller de 76 anos que estaba ingresada no Hospital  Lucus  Augusti e que presentaba patoloxías previas eleva a un total de 617 as vítimas mortais ligadas á pandemia do coronavirus en Galicia.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Fontes da Consellería de Sanidade informaron do falecemento desta muller na xornada deste martes. Os hospitais non comunicaran mortes nin o domingo nin o luns.

Desta forma, o Sergas constata que desde o inicio da pandemia morreron 485 en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores.

Os días sen mortes atribuídas á pandemia en hospitais foron os pasados 29 de abril, 14, 18, 19, 25, 27, 28, 29, 31 de maio, e 1 de xuño.

A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse o 14 de marzo, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

Neses días, os primeiros da alerta sanitaria en Galicia, nos que había menos de 300 casos activos, houbo dúas xornadas nas que non se rexistrou ningunha morte hospitalaria, o 15 de marzo e o 17 de marzo.

A partir do 18, cando as vítimas mortais en Galicia ascendían xa a catro persoas, os hospitais galegos comunicaron falecementos todos os días, agás en dez ocasiones.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta