A Fiscalía mantén abertas dilixencias sobre oito residencias de maiores en Galicia

Todas as fiscalías continúan investigaicóns en relación ás máscaras defectuosas entregadas en diferentes áreas sanitarias galegas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2020 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A Fiscalía mantén abertas seis dilixencias penais sobre oito residencias de maiores en Galicia pola xestión do coronavirus, a mesma cifra que en semanas anteriores.

DomusVi xeriátrico de Barreiro, Vigo ©Miguel Núñez
DomusVi xeriátrico de Barreiro, Vigo ©Miguel Núñez

En concreto, na Coruña investíganse catro residencias, unha delas pola denuncia dun particular e as outras tres por mor dunha comunicación dunha asociación de familiares.

Pola súa banda, na provincia de Ourense, abríronse dilixencias en catro residencias (segundo transcendeu, unha é A nosa Señora da Esperanza).

A Fiscalía Xeral aínda inclúe nos datos trasladados este mércores un procedemento xudicial aberto nun xulgado de Cangas, aínda que xa foi arquivado o pasado 21 de abril porque, segundo a maxistrada, non había indicios suficientes da perpetración de delito" e non había concreción nos feitos denunciados.

Por outra banda, a Fiscalía galega tamén iniciou dilixencias por unha denuncia por malos tratos nunha residencia na Fonsagrada, e que arquivou porque xa está xudicializada.

Ademais, figuran como arquivadas varias dilixencias penais, entre elas unha denuncia xenérica interposta por Vox sobre a situación das residencias galegas, así como outras tamén de carácter xenérico.

Por outra banda, todas as fiscalías territoriais galegas manteñen abertas as dilixencias de investigación en relación ás máscaras defectuosas entregadas en diferentes áreas sanitarias galegas a finais do mes de abril e cuxa distribución foi denunciada polo sindicato dos profesionais da sanidade pública galega Prosagap.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Temos un Goberno que non sabe SUMAR. Para apañar votos suman de carallo ! Aprobada a prórroga do Estado de Alarma ata os 100 días !!! Seica perderon 16.800 difuntiños polo camiño ! https://twitter.com/00Gamela/status... Cando toque facer contas cos orzamentos do 2021 ímos alucinar (?)