A Coruña libra a hostalaría do pago das terrazas durante este ano

Haberá tamén exencións no abono da taxa de recollida do lixo.

Por E.P. | CORUÑA, A | 03/06/2020 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña eximirá á hostalaría do pago das terrazas durante este ano, á vez que haberá exencións para autónomos e empresarios do comercio e de hostalaría no abono da taxa de recollida do lixo no trimestre no que a actividade económica estivo paralizada pola pandemia.

Así o informaron a alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro da Coruña de Economía, José Manuel Lage, que explicaron que se trata de dúas novas medidas complementarias ao plan Presco, de reactivación económica e social ante a crise xerada pola COVID-19.

Sobre estas medidas, a alcaldesa sinalou que se beneficiarán, segundo as estimacións municipais, 4.743 autónomos e micropemes, entre os que estarán establecementos comerciais; hoteis e hostalaría e locais do sector.

"É o momento de apoiar a recuperación da actividade económica nunha cidade onde o sector servizos, o comercio e o turismo teñen un importante impacto económico", subliñou a rexedora, que precisou que a taxa de terrazas se comezará a cobrar o 11 de xaneiro do próximo ano.

Sobre a taxa de lixos, Lage Tuñas precisou que a exención do pago para aqueles que reúnan os requisitos, entre eles que o domicilio fiscal e o centro de traballo estean na Coruña, comprenderá o período desde mediados de marzo a mediados de xuño. Os formularios que se deberán cubrir espérase estean listos antes de que termine esta semana.

Noutra orde de cousas, e a preguntas dos xornalistas, a alcaldesa confirmou que este verán tratarán de que se celebren eventos, pero reiterou que será "diferente" ao non exporse "aglomeracións de persoas". "Anunciarémolo no seu momento", dixo sobre aqueles festivais ou actividades que se programen, pero nun formato adaptado ás medidas que deberán cumprirse en materia sanitaria.

A alcaldesa, Inés Rei, e o concelleiro de Economía, José Manuel Lage, presentan medidas de apoio á hostalaría e o comercio. ANDY PEREZ
A alcaldesa, Inés Rei, e o concelleiro de Economía, José Manuel Lage, presentan medidas de apoio á hostalaría e o comercio. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que se anden con coidado se non queren andar polo aire ! https://flic.kr/p/29mdkFA Logo virá a guerra das terrazas entre os locais contiguos a ver quen mete máis mesas e quen ten dereito a okupar a vía pública a coste cero ! Pero o que non baixarán serán os prezos das consumicións nin as contratacións en precario dos camareiros de fin de semana (?) Avaricia Infinita