Unha nova morte en Ourense acerca a Galicia ás 620 vítimas por COVID-19

A falecida era unha muller de 95 da área sanitaria de Ourense que ademais sufría patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O falecemento dunha muller de 95 anos da área sanitaria de Ourense e que tiña patoloxías previas eleva a 618 as vítimas mortais ligadas á pandemia do coronavirus en Galicia.

Fontes da Consellería de Sanidade informaron do falecemento da anciá na xornada deste mércores. Os hospitais non comunicaran mortes nin o domingo nin o luns, pero si na pasada xornada.

Desta forma, o Sergas constata que desde o inicio da pandemia morreron 486 en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores.

Os días sen mortes atribuídas á pandemia en hospitais foron os pasados 29 de abril, 14, 18, 19, 25, 27, 28, 29, 31 de maio, e 1 de xuño.

A PRIMEIRA VÍTIMA, O 14 DE MARZO

A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse o 14 de marzo, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

Neses días, os primeiros da alerta sanitaria en Galicia, nos que a comunidade contaba con menos de 300 casos activos, houbo dúas xornadas nas que non se rexistrou ningunha morte hospitalaria, o 15 de marzo e o 17 de marzo.

A partir do 18, cando as vítimas mortais en Galicia ascendían xa a catro persoas, os hospitais da comunidade comunicaron falecementos todos os días, excepto en dez ocasiones.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

E triste que morra xente pero todolos anos morre xente de gripe e outras enfermidades sin que se impoñan estados de alarma, nin mascarillas, nin distanciamento social. E sobre todo sin que se pare a economía dun pais arruinando a pequeña empresa e levando ao paro a moitas persoas. Moitas xente preguntamonos que intereses hai tras toda esta suposta pandemia e tememos polas nosas liberdades asi como pq o próximo sexa a vacuna obrigatoria ou a fin da soberanía dos paises para impor o Novo Orde Mundial.