Numerosas mostras de condolencia na despedida ao maquinista falecido no accidente do Alvia

Este xoves tivo lugar unha misa na cidade da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/06/2020 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

Numerosas mostras de condolencia centraron a despedida ao maquinista falecido no accidente do Alvia Ferrol-Madrid, despois do traslado dos seus restos mortais a un tanatorio da cidade herculina.

O traslado do corpo do segundo maquinista, de 32 anos, produciuse na xornada do mércores e a chegada do seu corpo á cidade herculina tivo lugar a última hora da tarde, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Xa no transcurso desta xornada, onde tamén se celebrou unha misa, foron moitas as mostras de condolencia por parte de achegados, amigos, compañeiros e coñecidos. Do mesmo xeito que ocorreu na xornada do mércores, este xoves volveu a ter lugar unha concentración en silencio na estación do tren da Coruña.

Tren Alvia Madrid-A Coruña descarrilado á primeira hora da tarde deste martes no municipio zamorano de La Hiniesta despois de arroiar a un todoterreo que caeu sobre a vía desde un paso elevado.. Europa Press
Tren Alvia Madrid-A Coruña descarrilado á primeira hora da tarde deste martes no municipio zamorano de La Hiniesta despois de arroiar a un todoterreo que caeu sobre a vía desde un paso elevado.. Europa Press

Tras o accidente, centros de traballo de Adif e Renfe convocaron un minuto de silencio nos seus postos de traballo, tamén durante a xornada do mércores. Segundo informaron desde a Delegación do Goberno de Castela e León, o maquinista que resultou ferido grave no accidente, rexistrado no municipio zamorano de La Hiniesta, atópase estable.

ACCIDENTE

O sinistro produciuse sobre as 16.10 horas do martes cando a locomotora arroiaba a un todoterreo que caera desde un paso elevado. O impacto fixo descarrilar á cabeza tractora do convoi no que viaxaban 158 pasaxeiros.

Nel, faleceron o condutor do todoterreo, un home de 88 anos, e o segundo dos maquinistas, ademais de ter feridas, de carácter leve, cinco pasaxeiros, e de carácter grave o maquinista ingresado nun centro hospitalario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta