A Xunta convoca axudas á edición de recursos didácticos en lingua galega

A subvención ascende a 200.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2020 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

A Xunta abre este xoves a convocatoria de axudas á edición de recursos didácticos en lingua galega, dirixidos a niveis non universitarios, cunha dotación de 200.000 euros.

Segundo traslada a Consellería de Cultura e Turismo, este montante supón un aumento do 18 por cento con respecto a outro ano e o prazo de solicitude estenderase ata o 3 de xullo, a través da sede electrónica da Xunta.

Entre os proxectos que poderán acollerse atópanse os libros de bibliófilo, publicacións de difusión gratuíta, obras que non sexa sexan primeira edición, con contidos idénticos a outros subvencionados nas tres últimas convocatorias, publicados por clubs do libro ou entidades similares ou de creación literaria, dicionarios e enciclopedias.

En concreto, valoraranse os proxectos en función da orixinalidade da obra, a súa calidade ou se se trata de materiais destinados ao alumnado con necesidades específicas.

Interior dunha libraría. Eduardo Parra - Europa Press
Interior dunha libraría. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta