A crispación pasa factura: "por que a oposición en España non afronta a pandemia como o resto de Europa?"

Máis de 300 organizacións e 10.000 persoas, entre elas políticos e personalidades do mundo da cultura, súmanse a un manifesto que chama a pechar filas co Goberno.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/06/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O clima de notable crispación política que atravesa a política española comeza a recibir as primeiras mostra de fatiga e rexeitamento por parte da sociedade civil. Máis de 60 días logo da súa publicación, cada vez son máis os particulares e organizacións que se suman ó manifesto "Unidade e Solidariedade fronte á COVID-19", promovido polo movemento Recortes 0.

Hemiciclo do Congreso no debate da quinta prórroga do estado de alarma
Hemiciclo do Congreso no debate da quinta prórroga do estado de alarma | Fonte: Pool

“É difícil que pase unha xornada sen rifa política, división e enfrontamento", sinalan dende a organización, que apunta á existencia dun "proceso de desestabilización das institucións que pode ter nefastas consecuencias".

Promotores e firmantes do manifesto pregúntanse por que a actitude da clase política española á hora de afrontar a pandemia conta cun nivel de crispación "sen comparación con outro país de Europa". Desde o equipo promotor apuntan á deriva reaccionaria dalgúns sectores políticos, se ben recoñen unha "fonda preocupación" porque, afirman, as verdadeiras razóns do fenómeno poden "non atoparse no Congreso".

CRISE ECONÓMICA

Os autores do manifesto consideran que a cohesión entre forzas política será especialmente precisa para vencer a inminente crise económica, logo de que o Banco de España cifrase en máis de 100.000 millóns de euros os recortes a realizar en todo o estado nos próximos anos.

“A mesma unidade e solidariedade que necesitamos para vencer á pandemia, necesitámola para saír da crise", defenden. "Ter diferentes proxectos políticos non xustifica poñer en perigo o país”.

ARTISTAS E POLÍTICOS NOS FIRMANTES

Polo momento, máis de 10.000 persoas firmaron xa a petición de Change.org vencellada ao manifesto, que suma tamén o apoio de 300 organizacións de todo o estado. Entre os firmantes cóntanse personalidades da talla de Pedro Almodóvar, Antonio Resines, José Sancristán, Fernando Trueba e Elvira Lindo. Do lado político, adscribíronse á proposta o expresidente do Senado, Manuel CruzJoan Baldoví, de Compromís e Pachi Vázquez, ex-secretario do PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cicais porque no resto de Europa non minten tanto como este Goberno Autoritario ? Supoño que en ningún pais de Europa esquece contar 16.000 mortos de nada ? Pero tampouco viramos nunca aproveitar o estado de alarma para sacar adiante nomeamentos e cambios lexislativos sen fin... Nin sabíamos que tivesemos obrigación de levar máscaras cando o virus pasou de largo ? Pero sobre todo o control das redes sociais e dos medios de comunicación son algo NOXENTO ! https://twitter.com/00Gamela/status... Ao mellor é que en ningún pais do mundo pecharon o Portal de Transparencia ? E cicais ningún pais do mundo OCULTA os nomes dos expertos sanitarios que están tomando decisións que afectan a 47 millóns de persoas ? Pero se con asinar manifestos pensamos que imos arranxar algo, que llo conten aos que aínda non cobraron os ERTEs !