A Audiencia desestima o recurso dos Franco pola ocupación da Casa Cornide

Os nove activistas non serán xulgados por delitos de vulneración de morada e odio.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/06/2020 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

A Audiencia da Coruña rexeitou xulgar polos delitos de vulneración de morada e de odio aos nove activistas que ocuparon a Casa Cornide --propiedade do Franco--, en setembro de 2017, segundo informa, nun comunicado, o colectivo '19deMeirás'.

En concreto, sinalan que a Audiencia desestimou a petición da familia Franco, "que solicitaba ata 81 anos de cárcere e 24.000 euros de indemnización aos nove activistas da Casa Cornide".

Faino tras desestimar o recurso de apelación presentado pola familia Franco. "Nesta petición, os Franco pretendían imputar ás e os nove activistas delitos de vulneración de morada e delito de odio, no canto de ser xulgados por delito leve".

"A Audiencia Provincial desestimou este recurso, sendo esta decisión firme", sinalan. Tras este auto da Audiencia Provincial da Coruña, os acusados serán xulgados por delito leve.

Sobre a decisión xudicial, cualifícana como "unha derrota dos Franco". "Á que esperamos que lle sigan máis, como a do Pazo de Meirás, ata que todo o patrimonio expoliado polo ditador sexa devolto ao patrimonio público do pobo galego", indica Elvira Blanco, portavoz dos denunciados.

"É hora de que se faga xustiza", engade nun comunicado no que sostén que "os privilexios herdados do franquismo deben terminar, as vítimas deste réxime ditatorial deben ser dignificadas e todo o patrimonio roubado ten que ser devolto ao pobo galego".

Casa Cornide na Coruña
Casa Cornide na Coruña | Fonte: Zarateman en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Haberá que fumigar e desinfectar polo conavirus ? Sempre que falamos de vítimas lembro ás últimas vítimas que ninguén lembra (ninguén defende) ? Seica non eran galegos coma nós ? https://i.gal/gamela04