O presidente dos reitores alerta: "O sistema universitario está preto do colapso"

Advirte sobre a perda de financiamento público acumulada desde 2008, que ascende a un 21 por cento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2020 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O presidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas, José Carlos Gómez Villamandos, advertiu no Congreso de que o sistema universitario español está "preto do colapso" pola perda de financiamento acumulado nos últimos anos. Unha situación que "agrava moito", na súa opinión, a crise que provocou a pandemia do coronavirus.

Gómez Villamandos, que é reitor da Universidade de Córdoba, compareceu este xoves na Comisión para a Reconstrución Social e Económica do Congreso xunto ao presidente do Consello Escolar do Estado, Enrique Roca, onde expuxo as necesidades das universidades españolas tras perder un 21% de financiamento público desde o ano 2008, precisou.

"Estamos moi lonxe da media do OCDE e da Unión Europea. Pasamos dun 1,7% do PIB en financiamento público a un 0,92%, e aínda así mantivo a excelencia", defendeu Gómez Villamandos, aínda que recoñeceu que o sistema universitario "ten que mellorar, e moito".

"O sistema está preto do colapso e unha situación como a de agora agrava moito esta situación", segundo o presidente de CRUE, que integran 76 universidades públicas e privadas. Nese sentido, Gómez Villamandos considera que a crise sanitaria se salvou na universidade con "voluntarismo e solidariedade". "Pero iso ten un límite", sinalou temendo que o próximo curso poida repetirse unha situación de confinamento.

Ante esa posibilidade, o presidente dos reitores cualificou como "urxente" a aprobación dun "marco normativo que dea cobertura" á adaptación de todo o ensino presencial das universidades a un formato 'en liña' como sucede desde o pasado mes de marzo tras o decreto do estado de alarma.

Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO
Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta