Investigado un home como presunto autor dun incendio forestal en Melón

No que vai de ano foron detidas ou investigadas 20 persoas relacionadas con lumes.

Por E.P. | OURENSE | 04/06/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica investigan un home como presunto autor dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Melón o pasado 30 de maio.

Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, o lume que se lle atribúe rexistrouse no lugar de Quins, en Melón, e afectou a 0,04 hectáreas de superficie rasa.

Os axentes estiman que o incendio se orixinou nunha queima de restos forestais que se produciu sen as debidas medidas de precaución, o que provocou que se propagase ás leiras lindeiras. Na extinción participaron profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta e o GES de Ribadavia. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Ribadavia.

No que levamos de ano, lembrou a Xunta, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Incendio no Incio
Incendio no Incio | Fonte: @Incendiosgalic1 en Twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta