Os traballadores galegos cobran case tres euros menos en comparación coa media do Estado

Se a comparación é coa media europea, o galego cobraría seis horas menos por hora.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 05/06/2020 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A remuneración dos alasariados galegos por hora é case tres euros inferior ao que cobran nas mesmas circunstancias un traballador do conxunto do Estado. De feito, e segundo datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE) un galego cobra 17,7 euros por hora, fronte a media estatal que é de 20,3 euros, e dos 23,9 que cobra un europeo.

Un traballador da construción protexido con máscara na súa xornada laboral, durante o día 38 do estado de alarma no país pola crise do coronavirus.. María José López - Europa Press
Un traballador da construción protexido con máscara na súa xornada laboral, durante o día 38 do estado de alarma no país pola crise do coronavirus.. María José López - Europa Press

Con todo, o salario incrementouse en 2019 un 4%, aínda que se situou por baixo da media estatal (4,7%). Mentres, a nivel europeo, só se rexistrou unha caída en 2009 e acumulouse un aumento superior ao 2% entre 2010 e 2011. Posteriormente, entre 2012 e 2013, o ritmo de crecemento do indicador retardouse, aínda que se recuperou a partir de 2014. Ademais, en 2017 e 2018 ascendeu por encima do 4%, pero en 2019 situouse por baixo desa cifra de novo (3,7%).

A remuneración por hora dos galegos representa o 74% da remuneración da media dos 27. Esta diferenza respecto da media europea reduciuse desde o ano 2000 --cando a remuneración hora dos galegos representou o 72% da dos europeos-- e chegou a supor o 81% da mesma en 2009. Desde esa data, a diferenza incrementouse.

A parte do Produto Interior Bruto (PIB) destinada a remunerar o factor traballo representou un 44,6%, por baixo da media nacional (45,8%) e a europea (47,6%). Así, ascendeu por segundo ano consecutivo --en 2018 elevouse ao 44,1%-- tras seis anos de caída. De feito, en 2009 chegou a supor o 48%.

SECTORES

Por sectores, a remuneración dos asalariados galegos concéntrase no sector servizos, que representa un 71,6% da total fronte ao 78,7% que supón a nivel nacional e o 74,2% que suma na UE.

Mentres, o peso da industria e a construción en Galicia (20%) é similar ao que representan estas a nivel estatal (20,4%), pero inferior ao da media da Unión Europea (25%). En cambio, a remuneración dos asalariados que se concentra no sector primario na comunidade (2,3%) supón máis do dobre que as medias de España e a UE (0,9%, en ambos os casos).

Ademais, durante os últimos 19 anos reduciuse o peso da industria, mentres a construción sufriu unha caída desde 2007, pero o sector servizos aumentou. Esta evolución rexistrouse a nivel autonómico, estatal e europeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta