Temas: FERIDO ACCIDENTE

Investigado un condutor por causar un accidente grave entre Santiago-Santa Comba e non auxiliar a vítima

O causante do accidente saíu ileso; o condutor do outro coche resultou ferido grave.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 05/06/2020 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

O equipo de atestados do subsector de Tráfico da Coruña investiga a un condutor que, tras ter un accidente, non auxiliou ao ocupante do turismo contra o que chocou, segundo informa a Benemérita.

Coche sinistrado tras un accidente na DP-0701 sentido Santiago-Santa Comba
Coche sinistrado tras un accidente na DP-0701 sentido Santiago-Santa Comba | Fonte: Garda Civil.

Os feitos producíronse na DP-0701 sentido Santiago-Santa Comba tras producirse unha aparatosa colisión frontal entre dous turismos. O condutor dun deles, o causante da colisión ao invadir o sentido contrario, resultou ileso.

Con todo, segundo explica a Garda Civil, en lugar de auxiliar o ocupante do turismo contra o que chocara, emprendeu a fuxida. O ocupante deste coche resultou ferido grave, aínda que puido chamar aos servizos de urxencia para pedir auxilio.

Tras a súa chegada ao lugar, a patrulla de motoristas iniciou unha procura polas inmediacións do outro condutor, ao que atopou cando se dirixía ao seu domicilio. Ao someterse á proba de alcoholemia, arroxou un resultado positivo, con taxas de 0,58 e 0,53 miligramos por litro.

Agora investígaselle polos delitos de lesións por imprudencia grave, conducir un vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas e por abandonar o lugar do sinistro sen dar aviso aos servizos de emerxencia.

Temas: FERIDO ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta