204 candidatos optarán a 42 prazas de técnico superior junior nos estaleiros de Navantia en Ferrol

As listaxes de aspirantes revelan que se presentaron máis de 800 persoas, pero só foron admitidos unha cuarta parte.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 05/06/2020 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

Preto de cumprirse o dez meses desde a convocatoria e tras multitude de desencontros entre a dirección e os representantes dos traballadores, a empresa naval pública Navantia publicou a listaxe dos admitidos e excluídos para optar ás 42 prazas de técnicos superiores junior que a compañía facía pública o 9 de setembro de 2019.

Botadura do buque loxístico da Armada australiana 'Stalwart' en Navantia. CEDIDA - Arquivo
Botadura do buque loxístico da Armada australiana 'Stalwart' en Navantia. CEDIDA - Arquivo

Nas listaxes constátase que son un total de 204 os admitidos, tras presentarse un total de 841 interesados. A maioría dos excluídos, ata 299, non poderán participar neste proceso por falta de documentación, 177 por non cumprir os criterios solicitados en canto ao idioma e os 161 restantes, por non cumprir cos requisitos do posto. Así, un total de 637 aspirantes foron excluídos.

Segundo Navantia, os non admitidos teñen de prazo desde este venres, 5 de xuño, e ata as 23,59 horas do próximo martes, día 9, para presentar alegacións, que deberán de ser contestadas de maneira particular a cada un dos candidatos excluídos, tal e como acordaron a dirección da empresa naval na ría de Ferrol cos sindicatos.

En canto aos xa admitidos, dispoñen ata o 10 de xuño para facer chegar á empresa o curriculum vitae, tendo posteriormente que enfrontarse a unha proba e a unha entrevista persoal, que aínda non foron comunicadas en canto a data de celebración e lugar.

A convocatoria lanzada no terceiro trimestre de 2019 por Navantia para os dous estaleiros da ría de Ferrol, as antigas Bazán e Astano, contemplaba a contratación de 235 traballadores, das cales 127 reservábanse para candidatos con menos de tres anos de experiencia, divididas en 42 para técnicos superiores, que son as que acaban de publicar a listaxe de admitidos e excluídos, e 85 para operarios, e 55 para persoal con experiencia, estando estas 193 polo momento paralizadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta