Gómez-Reino pide explicacións ao Sergas sobre o criterio de hospitalización en residencias

"Levamos semanas dicindo que hai unha vinculación clara na forma de gobernar da señora Ayuso e do señor Feijóo", di o candidato de Galicia En Común.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/06/2020 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O candidato de Galicia En Común á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, demandou expliacións "urxentes" ao Sergas e á Xunta sobre os criterios de hospitalización para usuarios de residencias en casos de persoas maiores con alto grao de dependencia.

Antón Gómez-Reino.
Antón Gómez-Reino.

Gómez-Reino fixo referencia a unha información publicada este venres pola Cadena Ser que asegura que o protocolo de Sanidade excluíu os residentes con dependencia severa ou gran dependencia do traslado ás residencias medicalizadas habilitadas pola Xunta para concentrar os usuarios afectados por Covid-19.

Para o tamén deputado de Unidas Podemos, a información é "moi preocupante", polo que considera "fundamental" que as autoridades autonómicas "aclaren inmediatamente esta situación".

"Levamos semanas dicindo que hai unha vinculación clara na forma de gobernar da señora (Isabel Díaz) Ayuso e do señor (Alberto Núñez) Feijóo; e esperamos as explicacións da Xunta para ter luz e saber se houbo unha orde directa da Xunta e do Sergas para que non fosen tratados como todos debemos ser tratados", sinalou Gómez-Reino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta