Feijóo négase a comparecer na Cámara para falar de Alcoa mentres que culpa da situación ao Goberno central

"Xa foi o conselleiro de Economía", di sobre as críticas da oposición que piden a súa comparecencia na Deputación Permanente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2020 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu responsabilizar ao Goberno central da situación de Alcoa, mentres que xustificou que non acuda ao Parlamento galego a dar, precisamente, explicacións sobre o que fixo a Xunta para salvar os postos de traballo a factoría da Mariña.

Os traballadores de Alcoa queiman pneumáticos horas antes de iniciar a folga na fábrica de aluminio da Coruña. M. Dylan
Os traballadores de Alcoa queiman pneumáticos horas antes de iniciar a folga na fábrica de aluminio da Coruña. M. Dylan | Fonte: Europa Press - Arquivo

Así, dixo este venres que "sería bo que o Goberno central non perda máis o tempo" ao atopar unha solución para Alcoa San Cibrao tras levar "ano e medio mareando" aos traballadores, á industria, á Mariña lucense e ao propio Goberno galego. A preguntas dos medios na rolda de prensa tras a reunión semanal do seu Executivo, o mandatario autonómico lamentou que en España "non hai nin unha soa industria" das consideradas electrointensivas "que saiba cal é o horizonte" do prezo da enerxía "para poder traballar durante os próximos anos".

Todo iso "vén agravarse máis aínda por esta falta de criterio" e por algo que considera "máis grave": "Este desinterese polas industrias de Galicia que lamentablemente estamos a observar de forma continuada durante estes 18 meses consecutivos".

Non en balde, aproveitou as preguntas dos medios para lamentar que o Goberno central sexa "un Goberno moroso" que debe á Xunta "uns 700 millóns de euros" en concepto de diferentes partidas e que "non cobrou aínda".

COMPARECENCIA NO PARLAMENTO

Así mesmo, preguntado sobre as críticas vertidas contra el por parte de toda a oposición, por non comparecer na Deputación Permanente do Parlamento galego sobre a crise de Alcoa, dixo non saber "cal é a dificultade ou o problema", posto que o encargado de acudir "de forma inmediata" ao Lexislativo foi o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

"Somos, probablemente, o Goberno co Parlamento disolto desde hai meses que máis compareceu nunha Deputación Permanente desde que hai Comunidade Autónoma", defendeu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta