Feijóo atribúe tamén aos sindicatos a decisión de que o Sergas non respecte a lista de contratación

Di que contrataron a 80 santiarios que estaban contratados para patoloxías COVID e "pediron ser contratados".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2020 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) tenta "ser absolutamente respectuoso" tanto coas súas listas de contratación como coa decisión, "apoiada polos sindicatos", de manter ata "finais de ano" ás persoas contratadas para atender á pandemia da COVID-19.

Así respondeu o máximo mandatario autonómico este venres, ao ser preguntado por Galicia Confidencial na rolda de prensa posterior á reunión do Consello sobre as protestas dos profesionais sanitarios que denuncian que Sanidade incumpre as listas de contratación. Neste sentido, o presidente da Xunta incidiu en que o Sergas ten actualmente contratadas a unhas 1.700 persoas en hospitais, para o que "esgotou todas as listas".

De feito, relatou que "algún hospital interpretou de forma inadecuada" e deixou sen efecto "algúns contratos", tras o cal os sindicatos suxeriron á Administración "que debería manter todos os contratos ata, polo menos, finais de ano". "E foi o que fixemos", afirmou Feijóo, quen dixo que só ten constancia de que só está en contra un sindicato", dixo.

Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares están na primeira liña de loita contra o coronavirus Covid-19
Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares están na primeira liña de loita contra o coronavirus Covid-19 | Fonte: EFE

"Parece ser que houbo unha serie de persoas, hai unhas semanas creo que 80, que foran contratadas non por patoloxía COVID senón por outras decisións e agora viron suspendidos os seus contratos e pedíronnos, dado que estaban nas listas, volver ser contratadas. E a resposta da Comunidade foi que si", resumiu.

En vista diso, suxeriu que, dado que o Sergas mantén estas dúas posturas, "a ninguén se lle pode criticar por unha cousa e a contraria". "Estou convencido que a maioría de sindicatos enténdeno perfectamente", engadiu.

SEIS MILLÓNS EN MATERIAL SANITARIO

Por outra banda, o Goberno galego aprobou este venres a compra de case seis millóns de euros para comprar material sanitario de protección tanto para traballadores como para pacientes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta