Os casos activos baixan ata os 542, con 27 persoas ingresadas

Galicia rexistra 21 positivos menos ca o pasado venres. Os falecementos mantéñense en 618.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2020 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus en Galicia baixan ata os 542, 21 menos que o venres. Mentres tanto, os curados seguen en aumento e incrementan a cifra total a 10.221, 43 novos nas últimas 24 horas.

Así se desprende dos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, que indica que un paciente permanece na UCI en Galicia, 26 en unidades de hospitalización convencional, igual que o venres, e 515 en atención domiciliaria -21 menos-.

Dos 542 casos activos na Comunidade galega, 196 corresponden á área de Vigo (un máis que o venres), 124 á da Coruña (oito menos), 110 á de Santiago (catro menos), 49 á de Ourense (dúas menos), 33 á de Lugo (catro menos), 14 á de Ferrol (catro menos) e 16 á de Pontevedra.

Sanidade indica que se rexistraron 618 falecementos de pacientes con COVID ata a data en Galicia. Por outra banda, curáronse 10.221 persoas, o que supón 43 máis que as 10.178 contabilizadas o venres. Ata o momento en Galicia realizáronse 149.242 PCR, fronte ás 148.150 contabilizadas hai 24 horas.

Sanitario
Sanitario | Fonte: © Miguel Núñez.

AS RESIDENCIAS

En canto á situación das residencias, alí mantéñense 26 usuarios contaxiados e os taraballadores afectados baixan a 16, segundo os datos trasladados por Política Social, que confirmou que tampouco varían as cifras de afectados en centros de atención a persoas con discapacidade (2 usuarios e 4 traballadores).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta