Centos de traballadores de Alu Ibérica reclaman a "intervención pública" da planta da Coruña

Na Mariña, milleiros de persoas participaron na manifestación convocada polo comercio de Xove para reivindicar un futuro para a planta de aluminio de Alcoa-San Cibrao,

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2020 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Centos de traballadores de Alu Ibérica reclamaron este sábado a "intervención pública" da planta na Praza de María Pita da Coruña para evitar o seu peche e "reivindicar a súa situación".

O vindeiro xoves, 11 de xuño, celebrarase a Mesa Técnica co Ministerio de Industria para abordar a situación da factoría. Este sábado os empregados xa deixaron claro cales son as súas reclamacións e o camiño que convidan a seguir. "Se o xoves non hai unha contestación clara por parte do Ministerio de Industria, tomaremos a nosa iniciativa para defender os postos de traballo", explicou o presidente do comité, Juan Carlos López Corbacho.

Considera que o Executivo "non pode porse de perfil" e instouno a "deixar a desidia e a falta de implicación", xa que cre que "este conflito" é froito dun "proceso de Maroto" e que "o seu Ministerio está implicado ata as últimas consecuencias" polo que, "de fracasar este proceso os últimos responsables co Ministerio e o Goberno de España".

Fotografía de Alu Ibérica na concentración. COMITÉ DE EMPRESA
Fotografía de Alu Ibérica na concentración. COMITÉ DE EMPRESA | Fonte: Europa Press

ALCOA

Pola súa parte, na Mariña participaron milleiros de persoas nunha manifestación convocada polo comercio de Xove para reivindicar un futuro para a planta de aluminio de Alcoa-San Cibrao.

"Convocamos esta manifestación porque nos sentimos verdadeiramente ameazados", asegura Juan Carlos López, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Aciam). "A economía da Mariña xira en torno a Alcoa e un peche sería un desastre", sostén.

Ruído de camións e signos de loito encheron a xornada de protesta en Xove. [Podes ler a información completa e ver o vídeo da manifestación no Xornal da Mariña]

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Este é o problema de poñer tódolos ovos na mesma cesta durante anos e anos! Vigo pode estar na mesma situación en breve, Macron quere levar a produción a Francia e está disposto a poñer millóns enriba da mesa para conseguilo (nacionalizar agora Bruxelas o mira con bos ollos, dependendo de quen sexa quen o faga, para eso poñen 600.000 millóns enriba da mesa) https://twitter.com/00Gamela/status... Neste Casino uns gañan e outros perdemos !!!

1 Gamela

Calquera que analice a desidia de Reyes Maroto neste asunto comprenderá que o conflito de Alcoa non é máis ca punta do iceberg (Endesa e Citroën) mentras nos contas milongas con ERTEs para "empresarios" (?) Semella que estamos ante unha Nova Reconversión Brutal (?) Algún chámanlle descarbonización mentras outros quedan en paro indefinido (?) A pregunta fundamental é : se o Goberno intervén a planta e nacionaliza esta industria a producción podería sosterse cos prezos do alumninio nos mercados actuais ? Sería viable a producción de alumnio en San Cibrao ? Non falamos de ganancias, simplemente de evitar perdas ! Sinceiramente alguén ten unha solución de futuro para este problema?