Piden catro anos de cárcere para un home por vender droga preto dun instituto de Ribeira

O acusado comercializou medio gramo de cocaína por 25 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2020 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará o día 12 o xuízo contra un home acusado de vender medio gramo de cocaína nas inmediacións dun instituto do municipio coruñés de Ribeira, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Por estes feitos, a fiscal demanda, por un delito contra a saúde pública, unha pena de catro anos de cárcere para o investigado, maior de idade e sen antecedentes penais.

Os feitos remóntanse a xuño de 2014 cando o acusado "vendeu medio gramo de cocaína por 25 euros", de maneira que "atentou contra a saúde pública e a dos consumidores.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta