Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2020 | Actualizada ás 19:45
A Xunta e a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) formalizaron un acordo para trasladar recursos aos campamentos de refuxiados saharauís, onde naceron necesidades por mor da crise sanitaria.
No marco do IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021, ambas institucións acordaron investir 100.000 euros para dar resposta "ás necesidades máis urxentes da poboación saharauí" en relación coa pandemia.
En concreto, realizarase un proxecto de urxencia alimentaria nestes campamentos que buscará contribuír á mellora das condicións de vida da poboación a través da subministración de alimentos que escaseen debido á COVID-19.
Con este xesto, a Consellería de Vicepresidencia precisou que se dá cumprimento ao Plan Anual 2020 que recolle, entre outros compromisos, a continuidade do apoio outorgado á comunidade saharaui desde a cooperación galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.