Os casos activos baixan a 524 e Galicia segue cun único paciente de COVID-19 na UCI

Os positivos son 18 menos ca os rexistrados o pasado sábado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2020 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus en Galicia baixan ata os 524, 18 menos que o sábado. Mentres tanto, os curados seguen en aumento e incrementan a cifra total a 10.242, 21 novos nas últimas 24 horas.

Así se desprende dos datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade, que indica que un paciente permanece na UCI en Galicia, 22 en unidades de hospitalización convencional, catro menos que o sábado, mentres que tamén baixan a 501 os atendidos no seu domicilio --14 menos--.

Dos 524 casos activos na Comunidade galega, 194 corresponden á área de Vigo (dúas menos que o sábado), 119 á da Coruña (cinco menos), 107 á de Santiago (tres menos), 44 á de Ourense (cinco menos), 30 á de Lugo (tres menos), 14 á de Ferrol e 16 á de Pontevedra.

Sanidade indica que se rexistraron 618 falecementos de pacientes con COVID ata a data en Galicia e 10.242 persoas curáronse, o que supón 21 máis que as 10.221 contabilizadas o venres.  Ata o momento en Galicia realizáronse 150.498 PCR, fronte ás 148.150 contabilizadas hai 24 horas.

Sanitario
Sanitario | Fonte: © Miguel Núñez.

RESIDENCIAS

A Consellería de Política Social tamén trasladou información sobre a situación nos centros de atención a maiores. Alí os casos diminúen ata os 19 usuarios e 15 traballadores contaxiados. Tamén nos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) diminúen os positivos (1 usuario e 3 contaxiados).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta