Sánchez deixa en mans da Xunta o control da desescalada e Feijóo pide "máis aclaracións"

O presidente da Xunta reclama voos internacionais para Galicia e máis pasos fronteirizos con Portugal para mercadorías e traballadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2020 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O presidente español, Pedro Sánchez, deixaba este domingo en mans das autonomías o control da terceira fase da desescalada, pero a pesar desta cecisión, o presidente da Xunta insistiu en reclamarlle ao Goberno central máis "aclaracións" sobre as competencias que se delegan nas comunidades.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na videoconferencia co xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, e o resto de líderes autonómicos.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na videoconferencia co xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, e o resto de líderes autonómicos.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Feijóo insiste en coñecer que criterios, protcolos ou autonomía terá á hora de poder limitar a mobilidade dentro dos seus territorios no caso de que se produza un rebrote da COVID-19 e de decidir se Galicia pasa de forma anticipada ou non á chamada 'nova normalidade'.

Por outra banda, Feijóo demandou que, "como mínimo", un aeroporto galego figure entre aqueles que poden recibir voos internacionais, sen aclarar que aeroporto pode ser--materia que, de seguro, tamén pedirá que regule o Goberno central--, e expuxo a apertura doutros catro pasos fronteirizos entre Galicia e o norte de Portugal "polo menos para mercadorías e traballadores".

Así o fixo durante a videoconferencia co líder do Executivo estatal, Pedro Sánchez, e o resto de presidentes autonómicos, tras a cal o mandatario galego compareceu para explicar as cuestións tratadas nesta xa habitual reunión telemática dos domingos. Neste contexto, saudou que o Boletín Oficial do Estado (BOE) xa contemple a libre mobilidade entre as catro provincias galegas, tendo en conta que Galicia contará desde este luns, coa súa entrada na fase 3, como unha única unidade territorial do plan de desescalada.

"Por fin podemos anunciar que, desde esta noite ás 00,00 horas, os galegos recuperaremos a liberdade de mobilidade entre os 313 municipios, entre as 7 grandes cidades e entre todas as provincias", dixo Feijóo, non sen antes lembrar que esta foi unha das principais demandas do seu Goberno desde o inicio da desescalada.

Ademais, o presidente da Xunta avanzou que ao longo da tarde deste domingo espera manter unha conversación co seu homólogo asturiano, Adrián Barbón, para "avaliar" a circulación entre ambas as comunidades, posto que ambas pasan a fase 3 este luns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta