Queda en liberdade un profesor de academia denunciado por acosar dúas mozas

Unha orde de afastamento impídelle achegarse ás rapazas, unha delas menor de idade.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 07/06/2020 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O xuíz interpuxo unha orde de afastamento a un home de 41 anos que é profesor dunha academia de Pontevedra e que foi denunciado por polo menos dúas mozas, unha delas menor de idade, por acosalas sexualmente.

Fontes consultadas por Europa Press precisaron que o home foi detido o venres por estas dúas denuncias e que posteriormente foi posto en liberdade polo xuíz, cunha orde de afastamento que lle prohibe achegarse á moza menor de idade.

As dúas mozas aseguraron sufrir acoso sexual por parte deste home e por este motivo interpuxeron unha denuncia na comisaría que levou á detención do seu profesor, o rexente da academia á que acudían.

De momento o xuíz considerou interpor unha orde de afastamento entre todas as medidas posibles para buscar a protección da moza menor de idade.

Campaña Compostela en Negro contra a violencia machista. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo
Campaña Compostela en Negro contra a violencia machista. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta