Un morto nos 38 accidentes da última semana de mobilidade provincial

O 061 atendeu a 49 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2020 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 49 persoas debido a 38 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en Galicia, o último durante o estado de alarma no que os movementos estiveron limitados á provincia de residencia, das que unha morreu no punto do sinistro.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 5 de xuño e as 23,59 horas do domingo 7 un total de 43 chamadas en relación con accidentes de tráfico. A xornada que rexistrou máis incidentes foi a do sábado, con 15 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 48. En concreto, as ambulancias realizaron 43 saídas; o helicóptero medicalizado, unha; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en catro accidentes.

En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasiones recibiron atención no lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro. A proporción de homes atendida ascendeu ao 67 por cento e a de mulleres reduciuse ao 33%. En canto ás idades dos feridos, o 39% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

Por provincias, a de Pontevedra, con 18 accidentes de tráfico, foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con 10; Ourense, con seis; e Lugo, con catro.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta