O BNG de Santiago acusa a Bugallo de "facer propaganda" coa "xestión común" do concello

Para o Bloque é "fundamental" o control dos servizos das empresas concesionarias, pois "é frecuente que incumpran os pregos do contrato", como sucede "coa periodicidade da limpeza e reparación de colectores de residuos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2020 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

A portavoz do grupo municipal do BNG en Santiago, Goretti Sanmartín, acusou este luns ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, de "facer propaganda" coa "xestión común" do municipio, tras a presentación dun documento sobre a licitación contratos de empresas concesionarias por valor de 800 millóns de euros, co que "quere vender como extraordinaria a que é unha xestión normal municipal".

Segundo Sanmartín, algúns destes contratos, con "un horizonte temporal a longo prazo", hipotecan as futuras políticas municipais durante varios mandatos, o que "vai dificultar adaptarse aos cambios sociais, pois non é o mesmo un contrato da auga hoxe que dentro de 20 anos", ha ejemplificado.

"Nin Santiago de Compostela vai ter a mesma poboación agora que dentro de 20 anos nin as mesmas necesidades, que non estarán recollidas no prego de condicións e logo non se lle poderán reclamar á empresa", engadiu.

Para o BNG é "fundamental" tamén o control dos servizos das empresas concesionarias, pois "é frecuente que incumpran os pregos do contrato", como sucede "coa periodicidade da limpeza e reparación de colectores de residuos". "Comprobaremos que se inclúa no contrato de recollida de residuos o estudo para o proxecto da planta de compostaxe, un compromiso adquirido polo alcalde co BNG", sinalou, á vez que avanzou que o seu grupo "estará vixiante do que sucede coa nova estación depuradora".

A concelleira do BNG e vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín
A concelleira do BNG e vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta