Os pediatras piden prevención e insisten que o número de nenos contaxiados en Galicia é "baixo"

Lembran a necesidade de seguir as normas como "a distancia social, o uso de máscaras en nenos que a poidan usar ou a hixiene de mans".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/06/2020 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

Varios pediatras insistiron no número "baixo" de menores en idade pediátrica contaxiados en Galicia, pero apelan a cumprir coas medidas hixiénicas e de distancia social fixadas polo Goberno para previr o contaxio do coronavirus.

"Tivemos moi poucos casos de Covid", sinala o xefe do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), Jerónimo Pardo, en referencia a esta área sanitaria, onde só houbo tres menores ingresados.

"Evolucionaron moi favorablemente e están en casa", destaca sobre os mesmos. Como nos adultos, lembra que os síntomas son "a febre e a clínica respiratoria", pero subliña que non se atoparon casos de insuficiencia respiratoria tan graves como os detectados en adultos.

Por todo iso, traslada unha mensaxe de tranquilidade aos pais, aínda que insiste en cumprir as medidas de prevención. "Hai que seguir as disposicións das autoridades sanitarias", engade. Entre elas, lembra "a distancia social, o uso de máscaras en nenos que a poidan usar ou a hixiene de mans".

En similares termos, pronúnciase a presidenta da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap), Amparo Rodríguez, quen insiste en cumprir coas medidas hixiénicas e de distanciamento social. "Hai que estar contentos porque estamos a avanzar, pero hai que ser cautelosos", apostila.

Mentres, coincide no número "moi baixo" de casos de menores en idade pediátrica contaxiados en Galicia, aínda que apela a porse en contacto co pediatra ou os servizos de urxencia no caso de que así se estime conveniente en base aos síntomas que presente o menor.

A rapazada, nenos e nenas saíron á rúa por primeira vez en 40 días pola crise do coronavirus COVID-19
A rapazada, nenos e nenas saíron á rúa por primeira vez en 40 días pola crise do coronavirus COVID-19 | Fonte: c Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Unha barbaridade que se obrigue a nenos e adultos a poñer a mascarilla cando están a respirar dióxido de carbono, estresándose, ademáis de sentirse humillados por ir coa boca tapada como se levaran un bozal. ¿Quen se responsabiliza das consecuencias que podan existir para a saude de levar a mascarilla obrigatoria?.