A Deputación da Coruña promove a campaña para a diversidade sexual 'Liberdade de ser e sentir'

Trátase dunha campaña de sensibilización para a colaboración o próximo 28 de xuño co Día da Diversidade Sexual.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 08/06/2020 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña, a través da área de Igualdade, puxo en marcha unha campaña de sensibilización para a colaboración o próximo 28 de xuño co Día da Diversidade Sexual. Na iniciativa, participan 54 concellos da provincia, ademais de seis asociacións que traballan pola igualdade e os dereitos LGTBQi+.

Campaña 'Liberdade de ser e sentir'
Campaña 'Liberdade de ser e sentir'

'Liberdade de ser e sentir' é o lema da campaña coa que a área de Igualdade da Deputación da Coruña busca "reivindicar e concienciar ao redor do dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas", informa.

Nesta edición, a campaña terá unha maior difusión a través da rede, na que se buscará normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais con motivo do día internacional dos dereitos das persoas LGTBQI+.

Para iso, levarán a cabo distintas accións que van desde a creación dunha plataforma, actividades para público infantil e adolescente, un concurso na rede e un ciclo de charlas que se difundirán nas redes sociais e na propia páxina do programa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta