Xunta e empresas de gran consumo eléctrico reclaman un prezo competitivo para dar unha solución a esta industria

Piden tamén un plan de investimentos específico que permita acceder aos novos fondos europeos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/06/2020 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e representantes da Asociación de Empresas de Gran Consumo Eléctrico (AEGE) reclamaron un prezo eléctrico competitivo que permita ofrecer unha solución tanto a esta industrial como aos 5.000 empregos asociados a ela en Galicia.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no encontro telemático
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no encontro telemático | Fonte: Xunta.

Segundo asegurou o departamento autonómico tras a reunión mantida entre Conde e os representantes da asociación, tanto a Administración galega como o tecido empresarial esperan que o Goberno achegue unha solución definitiva na mesa de Alcoa San Cibrao convocada para o martes.

E é que, conforme apuntou a Xunta, despois de ano e medio, a prioridade sen resolver segue sendo a mesma: "Fixar un prezo estable que permita á industria electrointensiva galega competir en igualdade de condicións co resto de Europa e evitar o peche da única planta que actualmente produce aluminio primario en España".

Por iso, a Xunta destacou que o Goberno galego e o sector inciden na urxencia de aprobar un Estatuto electrointensivo que achegue este marco enerxético e no que se teñan en conta as alegacións presentadas en Galicia e que foron consesuadas coa industria galega e cos gobernos de Asturias e Cantabria.

"Tamén é necesario un plan de investimentos específico que permita acceder aos novos fondos europeos e que, por tanto, de viabilidade e garantías de futuro a longo prazo a esta industria", sinala a Xunta, que lembra que tamén está pendente convocar a poxa de interrumpibilidade para o segundo semestre.

Tras a reunión, o conselleiro incidiu en que hai marxe de actuación e que o Goberno ten sobre a mesa os instrumentos necesarios para reverter a situación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta