Unha empresa galega desenvolve unha aplicación para consultar os establecementos máis seguros respecto da COVID-19

É a primeira aplicación deste tipo en España.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/06/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Reducir a fenda de confianza xerada pola pandemia. Este é o obxectivo dunha aplicación para telefonía móbil desenvolvida por unha empresa galega, que ofrece á sociedade un servizo que parte desta premisa sinxela: consultar os establecementos máis seguros en relación á COVID-19.

App Clicker & Go. CASFID - Arquivo
App Clicker & Go. CASFID - Arquivo | Fonte: Europa Press

'Local Safe' é unha obra de Amodo Soluciones, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) e é a primeira aplicación deste tipo en todo o territorio estatal.

A ferramenta permite aos cidadáns localizar rapidamente diferentes negocios adheridos na súa contorna e coñecer as súas medidas de seguridade.

Ata o momento, a iniciativa conta con preto de 16.000 empresas adheridas nos seus rexistros e que están repartidas por todo o territorio.

Os usuarios poden filtrar os establecementos segundo a súa actividade e as medidas de seguridade habilitadas, mediante un sistema de clasificación, e que localiza estas empresas nas proximidades e a contorna con datos como a descrición do local ou valoracións doutras persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta