O BNG presenta alegacións á construción dun novo depósito de residuos nas Somozas

A empresa Sogarisa solicitou autorización á Xunta para poder depositar residuos industriais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O BNG presentou este luns alegacións ao proxecto de construción do novo depósito de seguridade no Centro de tratamento de residuos industriais en Galicia, que xestiona a empresa Sogarisa, situado na parroquia de Seixas, no municipio das Somozas (A Coruña).

En concreto, presentáronse respecto da solicitude de modificación da Autorización Ambiental Integrada (AAI) e o Estudo de Impacto Ambiental (EIA). O proxecto atópase en estado de información pública desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 25 de marzo.

Ditas alegacións enmárcanse na accion de control do cumprimento das afeccións ambientais e sobre a natureza que provoca a xestión industrial dos residuos no polígono industrial das Somozas.

Neste sentido, o BNG reivindica o compromiso adquirido coa veciñanza das zonas residenciais máis próximas, "que levan anos denunciando determinadas prácticas que teñen unha gran afeción no desenvolvemento das súas vidas".

"Son continuas verteduras non autorizados, os nauseabundos cheiros que provoca algunha das fábricas alí presentes en determinados procesos produtivos e a pasividade e mesma conivencia do Concello das Somozas ante tales prácticas e a nula política informativa e escurantismo cara á veciñanza achega do que alí acontece".

Entrada á zona de depósitos de Sogarisa nas Somozas.
Entrada á zona de depósitos de Sogarisa nas Somozas. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Por favor que o BNG poña a disposición dos cidadans as alegacións presentadas mediante por exemplo un PDF das mesmas. E que non me cadran as datas do periodo de información que comezou o 30 de marzo e e que o BNG de a coñecer a noticia o 9 de xuño Un saudo e grazas