Baixan a 17 os usuarios de residencias galegas con COVID-19, tras dúas novas altas

Tamén descenden, de 15 a 13, os casos de traballadores de xeriátricos afectados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2020 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O número de usuarios de residencias de maiores con COVID-19 baixou a 17, tras rexistrarse dúas novas altas, e tamén descenderon, de 15 a 13, os casos de traballadores de xeriátricos afectados, segundo os datos trasladados este martes pola Consellería de Política Social.

Anciá chegando á residencia Tempo libre de Patos (Nigrán)
Anciá chegando á residencia Tempo libre de Patos (Nigrán) | Fonte: © Miguel Núñez.

Así, recibiron o alta epidemiolóxica un usuario de DomusVi San Lázaro e outro de DomusVi Matogrande, e quedan 17 afectados en varias residencias: no centro Santa Teresa Jornet da Coruña hai 12 casos; mentres que na residencia Concepción Arenal da Coruña quedan 2 casos. No resto de xeriátricos afectados queda un caso en cada un (O Portazgo, Caser A Zapateira e CRAPD I de Vigo).

Nas últimas horas tamén se rexistrou o alta de dous traballadores da residencia A nosa Señora da Esperanza de Ourense, co que quedan un total de 13 afectados en centros xeriátricos: 4 casos en Santa Teresa Jornet; 3 casos en San José Hermanitas de Ourense; en Orpea Culleredo quedan 2 casos, e en San Carlos de Celanova, Caser A Zapateira, A nosa Señora da Esperanza, e Remanso Claudina-Somoza hai un traballador con COVID-19 en cada unha delas.

Con respecto aos centros de atención a persoas con discapacidade, non se produciron cambios nas últimas horas e queda un usuario con COVID (na residencia DomusVi de Bóveda) e 3 traballadores (2 en Santa María-San Rosendo e un en Monterrei-San Rosendo).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta