Temas: VERIN CINE

Recadación solidaria para ver "María Solinha" en Verín

O Concello de Verín destinará a recadación íntegra da estrea en autocine da longametraxe de Ignacio Vilar o vindeiro domingo 21 de xuño a apoiar ás familias con menos recursos trala crise sanitaria do Covid-19.

Por X.M. Fernández | Verín | 10/06/2020 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A estrea mundial no formato 'autocinema' da última película do director galego Ignacio Vilar servirá para inagurar un novo xeito seguro de gozar do cine en Verín, mantendo a distancia e totalmente protexidos en candaseu coche. As entradas poranse á venda próximamente en ataquilla.com e o prezo será de 8 euros, podendo ir os vehículos totalmente ocupados.

Vista aérea do 'Parking libre central' de Verín. Foto: Prensa
Vista aérea do 'Parking libre central' de Verín. Foto: Prensa

A entrada ao parking central de Verín realizarase pola entrada da Avenida de Portugal (fronte ao concello) de xeito único, quedando as restantes habilitadas para saídas de emerxencia e servizos. As prazas estarán delimitadas con número fixo e as rúas de cada fila demarcadas con señalización especial.

A recadación estará destinada íntegramente para fins solidarios, concretamente para as actividades de apoio que a asociación Portas Abertas vén realizando cos máis desfavorecidos pola crise social e sanitaria da Covid-19.

COLABORACIÓN DA HOSTALERÍA LOCAL

Os hostaleiros de Verín servirán menús a través da app Rumbo Verín que teñen desenvolto cun servizo propio a domicilio. Dende ela, baixo reserva ou no momento, poderán solicitar o menú autocine ou acceder á carta completa que cada esablecemento teña na app, a través dun código Qr.

Temas: VERIN CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta