A Xunta reitera que "non se deu nin unha vida por perdida" nas residencias de maiores

O Goberno galego volve saír ao paso das acusacións sobre supostas directrices para que non se trasladase a usuarios aos centros sanitarios.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2020 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia volveu saír ao paso das acusacións sobre supostas directrices para que non se trasladase a usuarios de residencias de maiores a centros sanitarios, e insistiu en que "non se deu nin unha soa vida por perdida", e todos aqueles maiores que tiñan que ser hospitalizados o foron, sempre baixo criterio dos médicos.

Un operario con traxe de desinfeccion na residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense
Un operario con traxe de desinfeccion na residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense | Fonte: Europa Press.

O Goberno galego incidiu en que a acusación sobre as indicacións para non trasladar maiores a hospitais "é grave e totalmente falsa". "Sempre que os médicos indicaron que unha persoa maior debía ser hospitalizada, foi hospitalizada, no cento por cento dos casos, segundo o criterio médico", recalcaron fontes do Goberno galego.

"En Galicia non se deu unha soa vida por perdida, e fomos pioneiros intervindo residencias privadas que estaban a pasar por dificultades", engadiron as mesmas fontes.

Ademais, sobre a falta de políticas públicas de atención a maiores dependentes, denunciada polos sindicatos, a Xunta lembrou que, na actualidade, hai 5.600 prazas públicas en residencias de maiores, "un 42 % máis que en 2009", e que hai "catro veces máis dependentes con axudas" que en 2009 (máis de 61.000 persoas, fronte ás 15.000 de hai 11 anos).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta