As dioceses galegas celebrarán en Santiago de Compostela un funeral en memoria das vítimas da COVID-19

Será oficiado este sábado polo arcebispo de Santiago coa colaboración do resto de bispos galegos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2020 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

As dioceses galegas no seu conxunto celebrarán o vindeiro sábado, día 13, en Santiago de Compostela un funeral en memoria e polo eterno descanso das vítimas da COVID-19. Será ás 12,00 horas na compostelá Igrexa de San Francisco, onde o Arcebispado de Santiago realiza os seus actos solemnes debido ás obras de restauración que manteñen pechada ao culto a Catedral compostelá. Estará presidido polo arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio.

O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, celebra a misa
O arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, celebra a misa | Fonte: Europa Press.

Ademais, actuarán como concelebrantes os bispos das dioceses galegas e espérase a presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

As dioceses galegas lembraron que a celebración se realizará con "todas as medidas de protección vixentes na fase 3", na que se atopa Galicia, co cal, as persoas que desexen asistir poderán facelo ata completar o aforamento. Ademais, a cerimonia será transmitida en directo pola Televisión de Galicia.

Na mesma xornada, segundo avanzou o presidente galego hai dúas semanas, a Xunta realizará tamén un acto civil en memoria dos falecidos pola pandemia e como sinal de apoio e condolencia ás súas familias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta