O cartón Xente Nova comeza a emitirse nos concellos da área de Pontevedra

Funciona como un cartón moedeiro e permite realizar viaxes gratis no transporte público dependente da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O cartón Xente Nova comezará a emitirse este mércores en 13 concellos da área de Pontevedra, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir de 15 de xuño, o que lles permitirá realizar viaxes gratis no transporte público dependente da Xunta.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo este martes un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, para abordar a implantación deste novo dispositivo neste municipio e noutros doce concellos da área (Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Bueu, Sanxenxo, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e A Lama). O cartón Xente Nova tamén se implantará, de maneira paralela, en toda a provincia de Ourense.

Segundo lle comunicou a conselleira á alcaldesa, o comezo desta medida estaba previsto para mediados de marzo, pero tivo que atrasarse pola declaración do estado de alarma. Reactívase agora que a situación sanitaria o permite, coa paulatina recuperación do transporte público.

A partir do mércores 10 de xuño as oficinas de Abanca habilitadas comezarán a emitir os cartóns, que os menores de 21 anos poderán empregar a partir do día 15. Para conseguila é necesario solicitar unha cita previa na oficina e os menores de idade deberán ir acompañados dun dos seus proxenitores.

Funciona como un cartón moedeiro e non precisa ter unha conta asociada, aínda que deben dispor dun saldo inicial para empezar a viaxar. Posteriormente irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.

Para facilitar o pago seguro e evitar contaxios, os maiores de 21 anos poderán empregar o Cartón do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG). Tamén se pode solicitar desde este mércores nas oficinas habilitadas e comezar a empregala desde o 15 de xuño.

Persoas con máscaras nun autobús urbano
Persoas con máscaras nun autobús urbano | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta