Inician inspeccións de traballo para supervisar o cumprimento dos ERTEs

Dende o Colexio de Xestores Administrativos alertan dos curtos prazos de resposta para entregar toda a documentación que requiren.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Os xestores administrativos de Galicia informan dunha campaña que puxeron en marcha as inspeccións de traballo das catro provincias galegas para supervisar o cumprimento das medidas de prevención fronte á Covid-19.

Primeiros clientes gozan das terrazas da cafetaría de Málaga. Álex Zea - Europa Press
Primeiros clientes gozan das terrazas da cafetaría de Málaga. Álex Zea - Europa Press

Fontes do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia sinalan que se trata unha campaña xenérica centrada en dous eixos: por unha banda, o asesoramento á empresa indicando que deben cumprir as medidas propostas polo Ministerio de Sanidade e, por outro, un requirimento sobre as medidas implantadas.

DOCUMENTACIÓN QUE PODEN SOLICITAR

En concreto, Inspección de Traballo pode solicitar toda esta documentación ou parte dela: Informe sobre as medidas adoptadas na empresa/centro de traballo para dar cumprimento ás

recomendacións sanitarias para evitar ou diminuír o risco de contaxio dos traballadores fronte ao SARS-CoV-2; avaliación de riscos para facer fronte á COVID-19 e planificación da actividade preventiva; acreditación de que as medidas foron postas en coñecemento da RLT (Representación Legal dos Traballadores) ou dos traballadores afectados; rexistro de entrega aos traballadores de EPIs fronte á COVID-19 e protocolo de actuación ante os riscos da COVID-19.

Ademais destes documentos e dependendo do Inspector/Subinspector, poden requirir outra documentación, como o Informe de cumprimento do R.D. 486/97 no centro de traballo; acreditación de formación e información dos traballadores sobre o risco e as medidas a adoptar fronte á COVID-19; Plan de continxencia; Plan de continuidade en caso de emerxencia; Documentación relativa aos EPIs fronte a COVID; ou Protocolo de limpeza e desinfección do centro e Xestión de sensibles.

 

PRAZOS DE RESPOSTA CURTOS

 

Desde o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia alertan de que se están dando prazos de resposta moi curtos, de entre 24 e 72 horas na maioría de casos. Ademais, lembran que xa deron comezo as inspeccións dos ERTES Covid-19 tramitados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta