De cando Cunqueiro visitou o castelo do "incerto señor Don Hamlet"

A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro celebra o cincuentenario da visita do escritor á fortaleza de Elsinor coa publicación facsimilar dun manuscrito redactado polo autor na súa visita ao castelo, entre outros documentos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Este venres 12 cumpliránse 50 anos da visita do escritor Álvaro Cunqueir ó castelo de Elsinor, en Dinamarca, a fortaleza onde transcorre boa parte do "Hamlet". Cunqueiro foi un gran admirador de Shakespeare e, en concreto, da obra do "ser ou non ser", ata o punto de adicarlle, en 1958, a súa propia reinterpretación dramática baixo o título "O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca".

Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro | Fonte: biblioteca galiciana

Medio século despois da viaxe, a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro homenaxea ó autor mindoniense cunha reprodución facsímile dunha serie de documentos ligados á visita, entre os que destaca un manuscrito realizado polo autor no mesmo día da entrada ó castelo.

Á parte, a publicación "Cunqueiro en Elsinor", estoxada nun sobre impreso, recolle unha reflexión sobre o impacto da obra de Shakespeare en Cunqueiro e un artigo na prensa da época no que o propio autor reflicte a experiencia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta