Gómez-Reino pide que a Xunta dea a coñecer os informes "técnicos ou científicos" para saír do estado de alarma

"Haxa ou non estado de alarma, a Xunta non pode eximirse en ningún caso da súa responsabilidade de garantir a saúde dos galegos" di o candidato de Galicia En Común-Anova Mareas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O candidato da coalición Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, pediu coñecer "sobre que informes técnicos ou científicos" se apoia a Xunta para pretender saír do estado de alarma a partir da próxima semana, como anunciou este mércores o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

"É evidente que o estado de alarma foi a ferramenta fundamental para derrotar a crise o coronavirus", destacou o tamén deputado no Congreso de Unidas Podemos en declaracións aos medios despois do anuncio efectuado por Núñez Feijóo.

Neste sentido, sinalou que Galicia en Común quere saber "sobre que informes técnicos ou científicos se basea" a proposta de que Galicia deixe de estar en estado de alarma a partir do luns 15.

"Polo demais, haxa ou non estado de alarma, a Xunta non pode eximirse en ningún caso da súa responsabilidade de garantir a saúde dos galegos e todo o que ten que ver coas garantías sanitarias e democráticas nas eleccións", engadiu Gómez-Reino.

O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino. GEC
O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino. GEC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta